Residuos - Palas De Rei

Que é un xestor de residuos?
A persoa ou entidade, pública ou privada, rexistrada mediante autorización ou comunicación que realice calquera das operacións que compoñen a xestión dos residuos, sexa ou non o produtor dos mesmos (segundo a Lei 22/2011, de Residuos)

Lista de xestores autorizados

Por que debo contratar un xestor de residuos?
A Lei 22/2011 de Residuos (art.17) define que o produtor ou outro posuidor inicial de residuos, con obxecto de asegurar o tratamento adecuado dos seus residuos, está obrigado a:
a) Realizar o tratamento dos residuos por el mesmo.
b) Encargar o tratamento dos seus residuos a un negociante, ou a unha entidade ou empresa, todos eles rexistrados conforme ao establecido esta Lei.
c) Entregar os residuos a unha entidade pública ou privada de recollida de residuos, incluídas as entidades de economía social, para o seu tratamento.

Ver Lei

Como podo saber se os meus residuos son considerados como perigosos?
Considéranse residuos perigosos aqueles que figuren na lista europea de residuos, publicada na orde mam/304/2002, así como os recipientes e envases que os contiveran.

Lista Europea de residuos

Punto Limpo

Neste manual, inclúese información de utilidade para os operarios sobre a xestión dos distintos tipos de residuos. Pretendese, por tanto, que a través dunha mellor formación dos traballadores, se poidan maximizar as posibilidades de recuperación, reciclaxe e valorización posterior dos diferentes materiais achegados.

Entre os contidos que ofrece esta guía, inclúese a descrición xeral dun punto limpo, explicando as partes da instalación e identificando as diferentes fraccións que os usuarios poden depositar. Así mesmo, establécense indicacións para o correcto etiquetado de cada un dos colectores, a metodoloxía e tempo permitido de almacenaxe e o sistema de rexistro de entradas e saídas

Ademais das consideracións xerais, cada tipoloxía de residuos preséntase mediante unha ficha na que, dun modo visual e sinxelo, se determina en que colector se deposita cada tipo de material, incidindo especialmente en clarificar o sistema de xestión correcto para aqueles casos que con maior frecuencia dan lugar a confusión.

Guía para a Clasificación de Residuos nos Puntos Limpos

Punto de Recollida de Pilas

Concello de Palas de Rei (nas dependencias, á beira do rexistro)

Recollida de Roupa

Praza do Concello (no arcen da avd de compostela)

Recollida de Papel, Cartón e Vidro

Proximidades do Concello

Plans, Programas e Normativa Relacionada

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies