Información Ambiental - Palas De Rei

Serra Do Careón

Rutas de Sendeirismo

Ruta Dos Pazos

Ruta Dos Pazos

Comeza este camiño en Palas de Rei onde se atopa a casa de Rouco, antigua casa-torre do século XVI e, seguindo en dirección a Carballal desviarémonos para Curbián onde atoparemos a Casa de Baína e o pazo de Vilamaior de Ulloa. Desde aquí, poderemos visitar o Pazo de Ouro e o Pazo de Mariñao (século XVIII) en San Pedro de Meixide.

Regresando á aldea de Sambreixo, tomaremos unha desviación para o sur, pasando polas localidades de Cabana e Podence, en dirección a Pidre. A seguir, achegarémonos ao Pazo de Chorexe. Ao longo deste camiño tamén poderemos observar hórreos e antigos muíños.

Ruta Das Torrentes de Mácara

Ruta Das Torrentes de Mácara

Ruta que comeza en Palas de Rei en dirección a Antas para pasar por Gundiá e Albá. Unha vez pasado Pidre seguiremos para Chorexe en dirección a Frádegas, onde atoparemos un antigo balneario, cuxas augas sulfurosas teñen un recoñecido prestixio.

Proseguimos o noso camiño pola beira esquerda do río Ulla, atravesando prados e bosques, para cruzar posteriormente para a outra beira. Aquí atoparemos os torrentes de Mácara ou rápidos de gran beleza no tramo xuvenil do Ulla. A confluencia do río Pambre co Ulla, augas abaixo de Mácara, resulta igualmente de gran beleza.

Ruta o Castelo de Pambre

Ruta do Castelo de Pambre

Ruta para realizar en bicicleta ou a pé, aínda que gran parte do itinerario transcorre por pistas asfaltadas. Partimos de Palas en dirección para Santiago, desviándonos en Carballal. Verdes prados e unha frondosa vexetación acompáñannos no noso percorrido para o corazón da Ulloa. Ao chegar a Sambreixo tomamos un estreito camiño pola marxe esquerda do río que levaranos para o forte, fortaleza de grosos muros asentada sobre un macizo rochoso e construída por Gozalo Ozores de Ulloa.

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies